top of page
RED VITAL - logo horizontal blanco monocromo.png

A rede máis saudable e sostible de Galicia

Arreglo de naturaleza otoñal

Eres produtor do sector primario?

En RedVital de Galicia estamos a construír a rede máis saudable e sostible da rexión.

Se produces alimentos de maneira responsable e queres dar visibilidade ao teu proxecto sostible, rechea o seguinte formulario.

 

Quen somos

Somos RedVital de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que traballa en rede para promover modelos rexenerativos e sostibles de benestar, baseados na alimentación responsable, a produción local e as boas prácticas sociais, ambientais e culturais.

Creamos espazos de encontro, colaboración e apoio mutuo entre asociacións, colectivos e axentes do medio rural e urbano que traballan por un sistema alimentario máis xusto e sostible.

O noso enfoque combina coñecemento, innovación social e cooperación, entendendo o sistema alimentario como un eixo clave para a saúde das persoas, a economía local, a cohesión social e o equilibrio ca contorna.

Produtos frescos da horta
Estructura de wireframe de red
RED VITAL - logo horizontal blanco monocromo.png

O noso equipo

Bea Lema - Presidenta RedVital.png
Ir

Bea Lema

Presidenta de RedVital de Galicia | Directora da Escola Galega do Benestar | Formadora de formadores | Impulsora de proxectos de benestar, sustentabilidade e desenvolvemento territorial

Carlos L Ríos - Secretario RedVital.jpg
Ir

Carlos L. Ríos

Secretario RedVital de Galicia | Creatividade aplicada, creación audiovisual, deseño gráfico "elcreadordenubes" | Director en GranRURAL | Docente

Nelly Rey - Tesorera RedVital de Galicia
Ir

Nelly Rey

Tesoureira RedVital de Galicia | Mentora e Interim Manager

Colleita de mazás

Como entendemos o noso traballo

O traballo de RedVital de Galicia constrúese desde a colaboración e o apoio mutuo, guiado por principios que orientan todas as nosas accións:

  • Alimentación consciente e territorial: Defendemos unha alimentación saudable, responsable e vinculada ao territorio e a quen o cultivan.

  • Apoio á produción local: Impulsamos a pequenos produtores, economías de proximidade e iniciativas que fortalecen o tecido rural.

  • Boas prácticas en toda a cadea: Promovemos prácticas sociais, ambientais e culturais responsables desde a produción ata o consumo.

  • Sostibilidade integral: Traballamos aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, entendendo a sostibilidade como equilibrio entre persoas, territorio e comunidade.

  • Colaboración en rede: Creamos espazos de encontro entre asociacións, colectivos e axentes diversos para construír proxectos conxuntos, documentados e replicables.

  • Transparencia e ética: Mantemos relacións transparentes e de confianza con entidades públicas, privadas e comunitarias, sempre desde o respecto mutuo.

Diseño geométrico de estructura alámbrica
RED VITAL - ISOTIPO blanco monocromo.png

Colaboracións e contacto

RedVital de Galicia está aberta á colaboración con produtoras e produtores, entidades sociais, administracións públicas, centros educativos, profesionais e outras organizacións que compartan unha visión responsable da alimentación e do territorio.

Contáctanos

bottom of page